Hoxe é o Día da Liberdade de Expresión, si si Liberdade...en fin...aquela liberdade a que todo cidadán ten dereito a expresarse, a dicir o que realmente pensa sen ser xulgado nin estar coaccionado por ningunha ente ou persoa. A desgraza é que isto se escapa bastante da realidade. Nestes intres, non existe tal dereito en si mesmo.
Sen ir máis lonxe, os medios de comunicación son puros títeres manexados polo poder, polas cordas do goberno, onde eles mesmos son quen poñen as normas; son os deuses do noso destino e van marcando o compás. Os xornalistas teñen que escribir, expresarse pero non da maneira que eles quixesen, se non que o fan seguindo as directrices ideolóxicas do medio para o que traballan.
¿de verdade queremos iso? un futuro incerto cheo de manipulacións onde os lavados de cerebro son constantes, facer crer que nada pasa o noso redor, que todo esta en calma...Queremos información, información sen censura, que se conte o que realmente pasa, que non se tinxa de cor viva algo que non é así...xq do contrario será unha realidade inventada, absurda.
Temos os nosos dereitos, que non nos neguen poder expresarnos como realmente queremos...se nos quitan as palabras que rodean constantemente no noso pensamento, a nosa fala que quere saír, quere facerse oír...non nos quedará nada...seremos mortos dentro de un cadaleito.
Non nos demos por vencidos, loitemos polo imposible.
uN sAÚDO
jueves, 3 de mayo de 2007
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
2 comentarios:
Estou totalmente de acordo contigo. Pareceme que todo o que se di da Liberdade de expresión non é máis que unha das máis grandes hipocresías que existen na actualidade. Todo o mundo promulga este gran dereito que temos todos, pero en realidade, hai un certo tipo de cousas que non se poden dicir porque serías xulgado de todas formas. Por desgracia, este é outro exemplo de como é o mundo no que vivimos e a sociedade que o habita.
é que o da liberdade de expresión é moi subxectivo..xq ónde acaba a dunha persoa e comeza a doutra? e con isto refírome a, por exemplo, aquel xeneral que dixera ós 4ventos q quería un golpe de Estado (desculpade pero nn macordo nin do nome, dábame así algo de tiña), nn estaba en todo o seu dereito a dicilo? pero amonestárono, e máis ben..comprensible non? pois él, en parte, nn fixo nada ilegal..e en cambio todos nos alarmamos de tal manifestación..nn sei se me teredes comprendido, só digo q ninguén é quén de pór os límites a tal liberdade..o problema deses poderes é que se cren capaces de facelo, e nós queixámonos deles xq nn é xusto..todo un barullo nn?
Publicar un comentario